Artesán - Mosaico

O meu desenvolvemento como mosaicista foi completamente autodidacta.
Todo comezou hai aproximadamente 18 anos, cando despois dunhas vacacións culturais espertou en min a paixón por todas as cousas da arte romana.

Comecei o meu traballo, grazas á axuda dunha boa amiga, que tiña suficientes coñecementos sobre este querido oficio. Cando rematei o meu primeiro mosaico abriuseme un mundo cheo de grandes posibilidades, porque dende entón a miña inquietude non desapareceu.

Co paso do tempo fun perfeccionando a miña técnica e conseguín ferramentas que facilitan a realización de mosaicos. Dende entón cada novo proxecto suscitame moita ilusión, con ganas de ver o resultado e poder compartir este oficio con outras persoas.

Contacto: 667 90 04 17
artesania.del.mosaico@hotmail.com